INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS ANO 2016 PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA ADMINISTRACIÓN LOCAL

Inicio solicitude: Desde o 19 de maio de 2016
Fin solicitude: 18 de xuño de 2016

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 10 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local, cofinanciadas co Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) non marco do PDR de Galicia 2014-2020. (DOG do 18 de maio de 2016).

Resolución do 1 de setembro de 2016 pola que se redistribúen e se amplían os créditos orzamentarios por epígrafes e o prazo de execución das actuacións e xustificación dos investimentos recollidos na Resolución do 10 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa operativo Feader-Galicia 2014-2020. (DOG do 7 de setembro de 2016).

Resolución do 3 de setembro pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada pola Resolución do 10 de maio de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 93, do 18 de maio). (DOG do 15 de setembro de 2016).

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios as Entidades locais de Galicia.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 

Conceptos subvencionables

Contémplanse tres liñas de subvención en función da tipoloxía do proxecto de aforro e eficiencia enerxética:

- Proxectos para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios municipais destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas.

- Proxectos para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación dos edificios municipais.

- Proxectos para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación pública exterior dependentes dos concellos.

Aos efectos destas bases, considérase proxecto o conxunto de actuacións de cada unha das tipoloxías que un concello leve a cabo nun mesmo emprazamento. Deste xeito cando un concello acometa nun mesmo edificio actuacións para mellorar a eficiencia das instalacións térmicas e das instalacións de iluminación, tratarase como dúas solicitudes de axuda independentes. Do mesmo xeito un concello que actúe en dúas instalacións de iluminación exterior tratarase como dúas solicitudes ao considerarse emprazamentos diferentes.

O investimento para que o proxecto sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído).

Os proxectos de aforro e eficiencia enerxética das instalacións térmicas municipais terán que levar asociado o aforro enerxético mínimo do 20%.

Os proxectos de aforro e eficiencia enerxética das instalacións de iluminación de edificios municipais e de iluminación exterior terán que levar asociado o aforro enerxético mínimo do 40%

Para acceder á subvención o expediente deberá acadar unha puntuación mínima de 30 puntos

Cada concello poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto. Así, considéranse actuacións homoxéneas que se deben contemplar nunha única solicitude as seguintes:

a) Todas as actuacións para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se realicen nun mesmo emprazamento.

b) Todas as actuacións para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior que se realicen nun mesmo emprazamento.

c) Todas as actuacións para a renovación de instalacións de iluminación pública exterior existentes que afecten ao mesmo cadro de mando, protección e medida.

Período de actuacións subvencionables

Consideraranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día que se presente a solicitude de axuda e o 15 de novembro de 2016.

Cuantía máxima da axuda

A intensidade da axuda será o 75% do custo elixible do proxecto, sempre e cando non se superen os límites de axuda máxima establecidos nos puntos seguintes.

- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado

- A contía máxima da axuda por liña de subvención, é dicir, por tipoloxía de proxecto, será de 50.000 € , independentemente do número de solicitudes que o solicitante presente para esa liña de subvención. Así, cando un concello presente varias solicitudes dentro da mesma liña, a axuda acadará o 75% do custo elixible para cada solicitude, cun máximo total de 50.000 € por liña de actuación.

- Establécese tamén un límite máximo de axuda por concello de 60.000 euros no conxunto das tres liñas/tipoloxías.

Presentación de solicitudes

As solicitudes subscribiranse directamente polo representante legal da entidade local interesada

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na páxina web do Inega, www.inega.es.

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Modelos documentación complementaria á solicitude.

- Memoria técnica TER - v.2.0 [10/06/2016]

- Memoria técnica ILU

- Memoria técnica ILE

Requirimento de emenda

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o Inega requirirá ao interesado para que a emende. Ese requirimento de emenda, así como calquera tipo de notificación ao interesado, realizarase a través de medios electrónicos.

A notificación do requirimento de emenda practicarase do seguinte xeito:

- Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude un aviso no que se lle indica a posta a súa disposición da notificación.

- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico, dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas, co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Inega (www.inega.es). 

Modelos para a xustificación do investimento:

- Informe Xustificación técnico das actuacións (TER/ILU/ILE)

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEADER

- Placa Publicitaria

- Certificado de verificación do Regulamento electrotécnico de baixa tensión

- Certificado de verificación do Regulamento de eficiencia enerxética

Modelo de Renuncia  e Modificación da subvención concedida:

Anexo III Renuncia

- Anexo V Solicitude de Modificación

Características técnicas esixibles

  • Dispoñer de unha conexión a Internet.
  • Ter instalada a máquina virtual Java (JVM) v.1.8 ou superior.
  • Utilizar o navegador Internet Explorer v.8.0 ou superior.
  • Sistema Operativo: Windows XP ou superior.
  • Dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico do representante legal ou da persona que actúa en representación na solicitude.

Acceso á aplicación informática

Clicke  para acceder á aplicación informática para cumprimentar e presentar solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.