Inicio solicitude: 15 de setembro de 2011
Fin solicitude: 15 de novembro de 2011
Estado: Solicitude pechada
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, se ben a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013. DOG Núm. 176 - Mércores, 14 de setembro de 2011.
Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible neste enlace.
Unha vez cubertos e confirmados os formularios, as solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou en formato papel no Rexistro Único do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).
Auditorías enerxéticas e implantación de melloras derivadas dunha auditoría enerxética previa en instalacións consumidoras de enerxía no sector agrario destinadas a mellorar a eficiencia enerxética.
Consideraranse actuacións subvencionables as realizadas entre o 1/01/2011 ata o 15/09/2012
Empresas do sector primario: agricultura, gandaría e acuicultura.
Para a implantación das medidas que propoñan as auditorías enerxéticas a contía máxima da axuda será dun 20% do custo elixible (illamento térmico, bombas, caldeiras, equipamentos de frío, etc...) e ata un 40% para a mellora dos sistemas de iluminación artificial.
A contía máxima da subvención para a realización tanto da auditoría enerxética coma da auditoría previa que ten que ir asociada ao investimento, será do 75% do custo da auditoría cun límite de 7.500 €/estudo.
Informe de xustificación segundo os modelos que se colgarán nesta páxina web durante o periodo de xustificación.