INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2016 A PROXECTOS DE BIOMASA PARA ADMINISTRACIÓNS LOCAL E AUTONÓMICA, ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución 23 de decembro  de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder-Galicia  2014-2020. (DOG do 30 de decembro de 2015).

Resolución do 12 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 17 de xaneiro de 2016).

Resolución de 25 de mayo de 2016 por la que se redistribuyen y aminoran los créditos presupuestarios por epígrafes recogidos en la Resolución de 23 de diciembre de 2015 por la que se establecen las bases reguladoras y se anuncia la convocatoria anticipada de subvenciones para proyectos de equipamientos térmicos de biomasa, para el año 2016, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 2 de xuño de 2016).

Resolución do 10 de xuño de 2016 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 e incluídas na convocatoria anticipada efectuada mediante Resolución do 23 de decembro de 2015 - Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro. (DOG do 23 de xuño de 2016).

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia para á Administración pública, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: desde o 19 de xaneiro de 2016
  • Fin: 18 de febreiro de 2016

Só se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán ás solicitudes a través de aplicacións informáticas habilitadas para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As entidades sen ánimo de lucro.
d) Empresas legalmente constituídas e autónomos
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm.  651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.2, entre as que figuran:
 
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello , de 11 de decembro de 2013.
b) As empresas que operan na produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
  • Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  • Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútese ós produtos primarios

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, e terá as seguintes intensidades por beneficiario:
 

Tipo de Beneficairo - Intensidade máxima da axuda

- Entidades locais: 75%   

- Sector público autonómico: 75%

- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro(que no realicen actividade  económica): 50%

- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais: 45% 

Tendo en conta que na presente convocatoria aplícase a sección 7 do capítulo  III do Regulamento (UE) núm. 651/2014 como axudas ao investimento para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.b), que afecta, fundamentalmente, a empresas e algunhas institucións sen ánimo de lucro, para as tipoloxías B establecese como redución, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un rateo de 70 €/KW, que minoraría os rateos da táboa de custes elixibles en función da potencia e da tipoloxía da instalación. Para as tipoloxías A, a redución será dun 20% sobre os rateos da táboa.

A contía máxima da axuda por proxecto será de 200.000 €  e por solicitante de 1.000.000 €.

Prazo de xustificación

O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2016. 

Modelos de documentos

Memoria técnica

- Anexo IV - Renuncia 

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

Modelo obrigatorio de publicidade 

 Acceso á aplicación informática

Prema para acceder a aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.