INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIONES PARA EL AÑO 2016 A PROYECTOS DE BIOMASA PARA PERSONAS FÍSICAS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na  Resolución do 23  de decembro de 2015, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016 (IN421H, IN421I). (DOG do 30 de decembro de 2015).

Resolución de 11 de enero de 2016 por la que se hacen públicos los anexos de la Resolución de 23 de diciembre de 2015 por la que se aprueban las bases reguladoras de las subvenciones para la creación, mejora y ampliación de pequeñas infraestructuras para proyectos de equipamientos térmicos de biomasa destinadas a particulares y cofinanciadas con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del PDR de Galicia 2014-2020, y se anuncia la convocatoria anticipada para el año 2016. (DOG nº 9 de 15 de enero de 2016).

Resolución do 15 de xuño de 2016 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 sobre a base da convocatoria de subvencións realizada por Resolución do 23 de decembro de 2015 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro). (DOG nº 123 de 30 de xuño de 2016).

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia para persoas físicas e as súas agrupacións.

Presentación de solicitudes

Prazo para a adhesión das entidades colaboradoras

  • Inicio: a partir do 16 de xaneiro de 2016
  • Fin: 2 de febreiro de 2016

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: 3 de febreiro de 2016.
  • Fin: 3 de marzo de 2016

 

Só se admite a presentación electrónica e a solicitudes serán realizadas a través de entidades colaboradoras.

Os interesados realizarán ás solicitudes a través de aplicacións informáticas habilitadas para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarios o titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:

- A intensidade máxima da axuda será do 50%

- A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €

- A contía máxima por entidade colaboradora será de 120.000 € e o número máximo de proxectos subvencionados 30.

Prazo de xustificación

O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 30 de setembro de 2016

Modelos de documentos

Memoria técnica

- Anexo IV - Documento de Representación

- Declaración non vinculación

- Anexo VI - Renuncia

- Modelo cartel de publicidade

Características técnicas esixibles para a cumplimentación e presentación de solicitudes de adhesión e ventas

Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega.

As características técnicas esixibles son as seguintes:

  • Dispoñer de unha conexión a Internet.
  • Ter instalada a máquina virtual Java (JVM) v.1.8 ou superior.
  • Utilizar o navegador Internet Explorer v.8.0 ou superior.
  • Sistema Operativo: Windows XP ou superior.
  • Dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico da persoa que actúe en Representación de.

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de adhesion das Entidades Colaboradoras

Prema para acceder á aplicación de cumprimentación/presentación de solicitudes de axuda

Listaxe de Entidades Colaboradoras Adheridas

Prema para consultar o listaxe de entidades colaboradoras adheridas a convocatoria de Biomasa Particulares 2016. Esta listaxe e dinámica, segundo váianse adherindo novas empresas,  aparecerán.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.