INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2016 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Inicio solicitude: Desde o 15 de xaneiro de 2016
Fin solicitude: 15 de febreiro de 2016

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas de proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e  anúnciase a convocatoria  para o ano 2016 (DOG do 29 de decembro de 2015).

Resolución do 14 de xuño de 2016 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada pola Resolución do 23 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 247, do 29 de decembro ). (DOG do 28 de xuño de 2016).

Concepto

Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de enerxías renovables que utilicen enerxía geotérmica, aerotérmica ou solar térmica, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos. 

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 3.000 euros.

Beneficiarios

a) Entidades Locais.

b) Sector público autonómico.

c) Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro.

c) As pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións.

Contía da Axuda

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada (salvo para os paneis solares de tubo de baleiro que será por superficie) e do tipo de instalación, cos límites que se establecen nas Bases reguladoras: 

 A intensidade de axuda segundo o tipo de beneficiario será a seguinte:

- 40 % para medianas empresas, incrementándose en 10 puntos porcentuais para as pequenas empresas.

- 50 % para persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro.

- 75 % para administracións públicas. 

 A contía máxima de axuda por proxecto será de 50.000 € no caso da geotérmica e de 20.000 € na aerotermia e solar térmica.

 A contía total de axuda establecida para as axudas de minimis concedidas a unha única empresa, nun período máximo de 3 anos, fíxase en 200.000 euros, expecto para empresas do sector agrícola que se fixa en 15.000 € e para as empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea que se fixa en 100.000 €. 

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade, e a data máxima para a xustificación será o 15 de outubro de 2016.

Presentación de Solicitudes

Cando os interesados sexan Administracións públicas ou PEMES e as súas agrupacións e asociacións, só se admite a presentación electrónica da solicitude. Para todas as demais persoas interesadas, alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no Rexistro Único do Inega, situado na rúa Avelino Pousa Antelo, 15707 en Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Xunto coa solicitude todos os interesados deberán presentar a documentación complementaria que se indica nas Bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 15 de xaneiro ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 15 de febreiro de 2015.

Documentación complementaria de solicitude

Memoria Técnica Bomba de Calor

Memoria Técnica Solar Térmica

 Documentación complementaria de xustificación

Modelo de certificación do sistema de captación conforme

Modelos documentos

Anexo IV - renuncia da concesión da axuda 

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.