INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2015 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Inicio solicitude: 28 de abril de 2015
Fin solicitude: 27 de maio de 2015

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, se ben a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 15 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e anúnciase a convocatoria para o ano 2015. (DOG do 27 de abril de 2015).

Resolución do 13 de xullo de 2015 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por grupo de actuacións recollidos na Resolución do 15 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o presente exercicio para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feader-Galicia 2007-2013. (DOG núm. 134 do 17 de xullo de 2015).

Anuncio do 13 de xullo de 2015 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia. (DOG núm. 138 do 23 de xullo de 2015).

Anuncio do 13 de xullo de 2015 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia. (BOE núm. 176 do 24 de xullo de 2015).

Resolución do 7 de agosto de 2015 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada pola Resolución do 15 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 27 de abril).(DOG núm. 154 do 14 de agosto de 2015).
 
Corrección de erros. Resolución do 7 de agosto de 2015 pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada pola Resolución do 15 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 27 de abril). (DOG núm. 159 do 21 de agosto de 2015).
 

Modelos documentos

Anexo IV: Renuncia

Anexo VI: Modificación

- Cartel

- Placa

Concepto

Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de enerxías renovables que utilicen enerxía xeotérmica, aerotérmica ou soar térmica, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 3.000 euros.
 

Presentación de Solicitudes

Cando os interesados sexan Administracións públicas ou PEMEs e as súas agrupacións e asociacións, só se admite a presentación electrónica da solicitude. Para todas as demais persoas interesadas, alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel no Rexistro Único do Inega, situado na rúa Avelino Pousa Antelo, 15707 en Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).
 
Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible neste enlace:
Acceso á aplicación

Xunto coa solicitude todos os interesados deberán presentar a documentación complementaria que se indica nas Bases reguladoras.
 
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de abril ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 27 de maio de 2015.

Beneficiarios

a) Entidades Locais.

b) Sector público autonómico.

c) Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro.

d) As pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociación.

 Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade, e a data máxima para a xustificación será o 15 de outubro de 2015.
 
O prazo para a execución das instalacións será de tres (3) meses contados dende o día seguinte á publicación da resolución de concesión no DOG, cunha única limitación: en ningún caso esa data será posterior á data máxima que figura na resolución de convocatoria para a xustificación, aínda que do cómputo do prazo lle corresponda unha data posterior.

Contía máxima da axuda

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada (salvo para os paneis solares de tubo de baleiro que será por superficie) e do tipo de instalación, cos límites que se establecen nas Bases reguladoras:

- A contía da subvención será do 30% do investimento subvencionable para persoas físicas, institucións sen ánimo de lucro e PEME e do 75% para as entidades locais e o sector público autonómico.

- A contía máxima de axuda por proxecto será de 50.000 € no caso da xeotérmica e de 20.000 € na aerotermia e soar térmica.

- A contía total de axuda establecida para as axudas de minimis concedidas a unha única empresa, nun período máximo de 3 anos, fíxase en 200.000 euros, excepto para empresas do sector agrícola que se fixa en 15.000 € e para as empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea que se fixa en 100.000 €. 

Prazo de Xustificación

O último día para presentar a documentación xustificativa do investimento será o día 15 de outubro de 2015.