INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2013 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Inicio solicitude: 22 de abril de 2013
Fin solicitude: 7 de outubro de 2013

 A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 9 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder – Galicia 2007-2013.

Corrección de erros (DOG Núm. 76, Venres, 19 de abril de 2013)

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para os proxectos de enerxías renovables executados en Galicia que empreguen as tecnoloxías incluídas no Anexo I das Bases reguladoras, que se detallan a continuación:

- Enerxía solar térmica.

- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas.

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalcións mixtas non illadas.

- Caldeiras de biomasa.

Inscrición de solicitudes

 O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de abril, e permanecerá aberto ata o día 7 de outubro de 2013 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 22 de abril ata as 14:00 h do 1 de outubro).

Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible neste enlace.

- Manual da aplicación informática.

Unha vez cubertos e confirmados os formularios, as solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou en formato papel no Rexistro Único do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Concesión de axudas

A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos a través da correspondente aplicación informática, e quedará confirmada coa presentación da solicitude.

Os expedientes correspondentes a solicitudes que reúnan todos os requirimentos destas bases, para os que non existan fondos suficientes para poder acceder á axuda no momento de realizar a reserva de fondos, permanecerán na listaxe de espera que pola súa tipoloxía lles corresponda, ordenada por rigorosa orde segundo o momento no que se efectúe dita reserva de fondos na aplicación informática. Estes expedientes poderán obter axudas no caso de que se produzan liberacións de axudas reservadas a outros expedientes.

Listaxe de espera publicado o 15/05/2013 as 14:00horas:

- Grupo I: enerxía solar térmica Familias e institucións sen ánimo de lucro

- Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas Familias e institucións sen ánimo de lucro

- Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas Empresas privadas

- Grupo IV: caldeiras de biomasa Familias e institucións sen ánimo de lucro: caldeiras sen alimentación automática ou con almacenamento < 250 litros

Período de actuacións subvencionables

 Co fin de incentivar o uso das tecnoloxías descritas, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará en función dos prazos seguintes, contados desde o día seguinte á notificación da resolución de concesión:
- Enerxía solar térmica: dous meses no sector doméstico e tres meses nas restantes instalacións.

- Enerxía solar fotovoltaica e instalacións mixtas illadas: dous meses todas as instalacións.

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas: tres meses todas as instalacións.

- Caldeiras de biomasa: dous meses no sector doméstico e tres meses nas restantes instalacións.

Os xustificantes de gasto e de pago terán que estar comprendidos dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día seguinte ao da solicitude de axuda e ata aquel en que remate o prazo que lle corresponde á instalación, e sempre co límite do día 30 de novembro de 2013.

Beneficiarios

- Persoas físicas maiores de idade.

- Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos.

- Empresas de servizos enerxéticos (ESE).

- Entidades sen ánimo de lucro.

- Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica.

Contía máxima da axuda

A contía máxima de axuda en cada liña de actuación será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:

- Enerxía solar térmica: máximo de 60 000€

- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas: máximo 20 000€

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas: máximo 20 000€

- Caldeiras de biomasa: máximo 30 000€.

A contía da axuda resultante estará limitada polas porcentaxes aplicables no artigo 23 do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común (grandes empresas 45%, medianas 55% e pequenas empresas 65%). Nos casos en que o solicitante non sexa unha empresa, a porcentaxe aplicable será a correspondente a unha pequena empresa.