INFORMACIÓN DE INTERESEACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA
- Modelo de Declaración de Compromisos (Agrupacións)
- Modelo Xustificación de Aforro
- Modelo de Declaración Xurada de Exención de pago do IAE
Para resolver dúbidas:
correo electrónico: renoveiluminacioninterior@inega.es
Tlfnos:981 54 15 00
Bases da Convocatoria
Obxectivo
O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior está incluído no Programa IDAE-Inega 2010 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.
Trátase de fomentar a mellora da eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes, de Equipos de Iluminación Interior por outras máis eficientes, reducindo así o consumo
Actuacións subvencionables (máis información art. 3º das bases)
- A substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras de maior eficiencia.
- A substitución de balastos convencionais por electrónicos.
- A instalación de sistemas de regulación e control a través de fotocélula e de detectores de presenza.
As actuacións teñen que levar asociado unha redución anual, de ao menos un 30% do consumo de enerxía convencional en iluminación interior, garantizando un confort lumínico adecuado a tarefa a realizar.
Subvencionable o material e a súa instalación
Contía da axuda (máis información art. 3º das bases)
O 25% do custo elixible da nova instalación
Límites:
- 1.500 € por vivenda unifamiliar/piso.
- 10.000 € por edificio de vivendas en bloque.
- 25.000 € por edificio do sector terciario.
A inversión mínima para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500€.
O custo elixible máximo por unidade recóllese na táboa do apartado 2 do artigo 3 das bases
Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)
Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidades colaboradoras (máis información arts. 7 e 8 das bases)
Ordenador PC con sistema operativo Windows ou ordenador Mac.
Adhesión simplificada (renovación de entidades colaboradoras)
Pasos a seguir:
Nota: No apartado de "Axuda" da aplicación ten máis información dos pasos a seguir.
Adhesión ordinaria (alta de novas entidades colaboradoras)
Pasos a seguir:
Nota: no apartado de "Axuda" da aplicación ten máis información dos pasos a seguir.
Prazo para a adhesión: do 28/12/2011 ata o 9/01/2012, ambos inclusive.
Procedemento para acceder ás axudas (mási información art. 10º das bases)
1. O comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Iluminación Interior 2011 e adquire o equipo obxecto da subvención.
2. O instalador realiza a solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto, imprime o impreso da axuda e o comprador asina a súa conformidade.
3. O instalador ten 60 días naturais dende o día seguinte a data de reserva de fondos para:
Prazo para a reserva de fondos: desde o 1 de febreiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.
ACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA