INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Subvencións ou Plans Renove ou Climatización 2011

Plan Renove de Climatización 2011

Inicio Plan: 23/12/2011
Fin Plan: 30/10/2012

cartel_Clima2011INFORMACIÓN DE INTERESE

Por mor do remate dos fondos destinados ao Plan, non é posible solicitar a axuda

ACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA

VISOR DAS ENTIDADES COLABORADORAS ADHERIDAS AO PLAN

LISTAXE DE BENEFICIARIOS

- Modelo de Declaración de Compromisos (Agrupacións)

- Modelo de Declaración Xurada de Exención de pago do IAE

MARCAS E MODELOS DE EQUIPOS SUBVENCIONABLES:

Os fabricantes/instaladores de equipos que desexen ser incluídos no listado ou que queiran cambiar os datos dispoñibles dos seus equipos deberán presentar no Inega a documentación xustificativa das súas características técnicas mediante o correo electrónico renoveclimatizacion@inega.es.

Listaxe de Caldeiras subvencionables

Listaxe de Equipos de aire acondicionado e bombas de calor

Para resolver dúbidas:

correo electrónico: renoveclimatizacion@inega.es

Tlfnos:981 54 15 00

Bases da Convocatoria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Equipamentos de Climatización, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as devanditas axudas como anticipadas de gasto.

Resolución do 9 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade ás entidades colaboradoras adheridas así como aos beneficiarios das axudas do Plan Renove de electrodomésticos, fiestras, equipamentos de climatización e equipamentos de iluminación interior e do Plan de vehículos eficientes.

Obxectivo

O Plan Renove de Equipos de Climatización está incluído no Programa IDAE-Inega 2010 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.

Trátase de fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes, a través da renovación de caldeiras, equipos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia, por outros equipos de alta eficiencia enerxética con potencia nominal térmica maior ou igual a 5 kW e menor ou igual a 70 kW.

A substitución de sistemas de calefacción eléctricos con acumulación e tarifa nocturna poderá realizarse por calquera dos equipos que son subvencionables, non ten que ser necesariamente por caldeira de condensación.

Actuacións subvencionables (máis información art. 3º das bases)

-Caldeiras de condensación.

-Equipos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga.(Rendemento: clase A e EER superior a 3)

-Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire.(Rendemento: clase A, COP igual ou superior a 3,5 e EER superior a 3).

Subvencionase o equipo a súa instalación e o IVE nos casos en que sexa subvencionable.

Contía da axuda (máis información art. 3º das bases)

A contía da axuda vai depender da potencia nominal do equipo tal e como se indica na táboa do art. 3º das bases.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 30% do custo total da obra.

Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)

Persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia, comunidades ou mancomunidades de veciños.

Para ser beneficiario da subvención terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas.

 Entidades colaboradoras (máis información arts. 7 e 8 das bases)

Características técnicas esixibles:

 Ordenador PC con sistema operativo Windows ou ordenador Mac.

  • Velocidade de acceso a internet superior a modem 56kb.
  • Navegadores: Internet Explorer versión 6 ou superior, Mozilla Firefox version 2.0.0.17
  • Programa de lectura de pdf´s Acrobat Reader versión 6 ou superior.
  • Dispor dunha conta de correo electrónico.

Procedementos de adhesión:

Adhesión simplificada (renovación de entidades colaboradoras)

Pasos a seguir:

  • Acceder a aplicación informática co usuario e contrasinal do ano 2010.
  • Actualizar os datos no apartado "O meu perfil".
  • Adherirse ao plan no apartado "Alta de Solicitude"  e imprimir o Anexo I e III.
  • Presentar os Anexos e a documentación no Inega.

 Nota: No apartado  de "Axuda" da aplicación ten máis información dos pasos a seguir.

Adhesión ordinaria (alta de novas entidades colaboradoras)

Pasos a seguir:

  • Acceder a aplicación informática e crear a súa conta de usuario da aplicación premendo en "Rexistrarse".
  • Adherirse ao plan no apartado "Alta de Solicitude"  e imprimir o Anexo I e III.
  • Presentar os Anexos e a documentación no Inega.

 Nota: No apartado  de "Axuda" da aplicación ten máis información dos pasos a seguir.

Prazo para a adhesión: do 23/12/2011 ata o 3/01/2012, ambos inclusive.


Procedemento para acceder ás axudas (máis información art. 10º das bases)

1. O comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Equipos de Climatización 2010 e adquire o equipo obxecto da subvención.

2. O instalador realiza a solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto, imprime o impreso da axuda e o comprador asina a súa conformidade.

3. O instalador ten 60 días naturais dende o día seguinte a data de reserva de fondos para:

  • Realizar a instalación.
  • Cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida, calculada na aplicación informática.
  • Remitir ao Inega toda a documentación que se indica no artigo 10 para o cobro da subvención. 

Prazo para a reserva de fondos: desde o 27 de xaneiro ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.

ACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA