INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Subvencións ou Plans Renove ou Fiestras 2011

Plan Renove Fiestras 2011

Inicio Plan: 13/12/2011
Fin Plan: 30/10/2012

Plan Renove Fiestras 2011INFORMACIÓN DE INTERESE 

ACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA

LISTAXE DE ENTIDADES COLABORADORAS ADHERIDAS

- Modelo de Declaración Xurada de Exención de pago do IAE

- Modelo de Declaración de Compromisos (Agrupacións)

Por mor do remate dos fondos destinados ao Plan, non é posible solicitar a axuda

 

 Para resolver dúbidas

Correo electrónico: renovefiestras1@inega.es

Tlfno.: 981 541 500
 

  

Bases da Convocatoria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as devanditas axudas como anticipadas de gasto.

Obxectivo

A rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio.

Actuacións subvencionables e contía da axuda (máis información art. 3º das bases)

A renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio, por outras de igual ou de inferior tamaño que:

  • Dispoñan de marcado CE. 
  • No caso de carpinterías de madeira ou PVC, o acristalamento debe cumprir algún dos seguintes requisitos:

               1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais. 
               2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo. 
 

  • No caso de carpintería metálica ten que rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior e dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e acristalamento baixo emisivo.

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100€/m2 de oco, cuns límites de 3.000€ por vivenda unifamiliar/piso e 50.000€ en edificios do sector terciario. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000€ por edificio.
 

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)

Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable  se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia

Entidades colaboradoras (máis información arts. 7 e 8 das bases)

ACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA CUBRIR A ADHESIÓN

Procedemento para acceder ás axudas (máis información art. 10º das bases)

1. O comprador diríxese a unha entidade adherida ao Plan Renove de Fiestras 2011 e merca as fiestras que cumpran os requisitos.

2. A entidade colaboradora fai unha solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto. O comprador asinaa para dar a súa conformidade.

3. A entidade colaboradora ten 180 días naturais, e nunca máis alá do 30 de setembro, desde o día seguinte á data de reserva de fondos para:

  • Instalar as fiestras.
  • Cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida.
  • Remitir a documentación ao Inega para o cobro da subvención.

 

Prazo para facer a reserva de fondos: desde o 11 de xaneiro ata o 29 de marzo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.

ACCESO A APLICACIÓN INFORMÁTICA