INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Subvencións ou Plans Renove ou Plan de Vehículos Eficientes 2011

Plan Vehículos Eficientes 2011

Inicio Plan: 10/12/2011
Fin Plan: 30/10/2012

Plan de Vehículos Eficientes 2011INFORMACIÓN DE INTERESE

Por mor do remate dos fondos destinados ao Plan, non é posible solicitar a axuda

 VISOR DAS ENTIDADES COLABORADORAS ADHERIDAS AO PLAN

LISTAXE DE ENTIDADES COLABORADORAS ADHERIDAS (publicado o 11-01-2012)

LISTAXE DE BENEFICIARIOS

 Para resolver dúbidas

Correo electrónico: info@inega.es

Tlfno.: 981 541 500
 

 

 Bases da Convocatoria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan de Vehículos Eficientes, así como se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan como anticipadas de gasto.

Resolución do 9 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade ás entidades colaboradoras adheridas así como aos beneficiarios das axudas do Plan Renove de electrodomésticos, fiestras, equipamentos de climatización e equipamentos de iluminación interior e do Plan de vehículos eficientes.

- Anexo IV: Definicións

 Obxectivo

Modernización do parque de turismos e vehículos comerciais de menos de 3.500 kg de MMA e motocicletas, mediante a adquisición de vehículos de propulsión híbrida ou alimentados con gas natural, gases licuados do petróleo ou hidróxeno para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética de vehículos novos que produzan menor impacto ambiental.

Actuacións subvencionables e contía da axuda (máis información art. 3 das bases)

A) A adquisición a través de entidades colaboradoras adheridas, de vehículos novos de categoría M1 e N1, definidas no anexo IV, ou motocicletas coas seguintes características:

  • Vehículos turismos híbridos, sempre que teñan capacidade de tracción eléctrica ao 100%, mediante baterías e unhas emisións inferiores a 110 g de CO2/km.

  • Vehículos turismos de combustión directa de hidróxeno (admitindo neste caso os turismos bi ou multi-combustibles), ou de pilas de combustible no caso de que se empece coa súa comercialización.

  • Vehículos turismos bi ou multi-combustibles de gas natural ou gases licuados do petróleo que teñan unhas emisións inferiores a 140 g de CO2/km. Tamén estarán incluídos neste apartado todas as transformacións a GLP que acrediten a través do certificado da ITV estar realizadas nun prazo non superior a 3 meses entre a data da primeira matriculación e a data da ITV.

  • Motocicletas híbridas con capacidade de tracción eléctrica 100%, cunha potencia maior de 4 kW, de hidróxeno ou pila de combustible. En todos os casos requírese que a motocicleta dispoña de matrícula ordinaria de placa branca (matriculación como turismo).

 B) A transformación, en talleres colaboradores de vehículos novos ou usados, de categoría M1 e N1, definidas no anexo IV en vehículos turismos que utilicen gases licuados do petróleo e teñan unhas emisións inferiores a 140 g de CO2/km.

Contía da axuda:
A) Para a adquisición a través de entidades colaboradoras adheridas:

  • Vehículos turismos híbridos Full Hybrid: importe por vehículo de 2.300 euros.

  • Vehículos turismos híbridos Mild Hybrid: importe por vehículo de 2.000 euros.

  • Vehículos turismos de combustión directa de hidróxeno ou de pilas de combustible: importe por vehículo de 7.000 euros.

  • Motocicletas híbridas, de hidróxeno ou pila de combustible: importe de 750 euros/motocicleta.

  • Vehículos novos alimentados por gas natural e gases licuados do petróleo: importe por vehículo de 1.200 euros.

B) Para a transformación, en talleres colaboradores:

  • Vehículos transformados nun prazo non superior a 3 meses entre a data da primeira matriculación e a data da ITV alimentados por gas natural e gases licuados do petróleo: importe por vehículo de 1.200 euros.
  • Transformación a GLP de vehículos usados: importe por vehículo de 450 euros.


En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do Plan de Vehículos Eficientes.


En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 15% do prezo do mercado do vehículo. No caso das transformacións de vehículos a GLP, o 15% refírese á suma do custo do vehículo (prezo de venda ao público) e a transformación.

Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención segundo o artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Entidades colaboradoras (máis información arts. 7 e 8 das bases)

Actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e o Inega. Serán as encargadas da venda e/ou da transformación dos vehículos, e realizarán as funcións de:

  • Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
  • Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.


Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica requirida. Responderán ás tipoloxías que se indican de seguido:

a) Os concesionarios autorizados para a comercialización de vehículos turismos de propulsión híbrida ou alimentados con gas natural, gases licuados do petróleo, ou hidróxeno ou de pila de combustible, que operen na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten estar dados de alta no imposto de actividades económicas.
b) Os talleres autorizados para a transformación a GLP de vehículos.

- Anexo I: Solicitude de Adhesión.

- Anexo V: Convenio de Colaboración.

- Modelo de Declaración xurada de Exención de pago do I.A.E.

Procedemento para acceder ás axudas (máis información art. 10º das bases)

a) Reserva de fondos:
  1. O comprador dirixirase a unha entidade colaboradora (a un concesionario ou a un taller adherido, segundo o caso) e elixirá o vehículo e/ou a transformación que cumpra os requisitos mínimos esixidos.
   2. A entidade colaboradora comprobar que o comprador cumpre cos requisitos establecidos para poder ser beneficiario da axuda, e fai unha solicitude de reserva de fondos.

b) Solicitude da axuda e xustificación da actuación
   1. Nos 60 días naturais desde o día seguinte á data da confirmación de reserva de fondos por parte do Inega, a entidade colaboradora ten que presentar a documentación xustificativa.
   2. A entidade colaboradora adherida cobraralle ao solicitante da seguinte forma:
     a) No caso de concesionarios adheridos: o prezo total do vehículo (IVE incluído no caso de que este sexa subvencionable) co desconto da axuda establecida. 
     b) No caso de talleres adheridos: o prezo da transformación (IVE incluído no caso de que este sexa subvencionable) co desconto establecido.


Prazo para facer a reserva de fondos: a partir dos 9 días hábiles contados desde o seguinte á publicación no DOG do presente plan ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.

- Anexo II: Solicitude para vehículos novos e transformacións tramitadas por concesionarios adheridos.

- Anexo III: Solicitude para vehículos novos e transformacións tramitadas por talleres adheridos.

- Modelo Declaración de outras axudas.