|
Plan Renove de Electrodomésticos 2009 | NOVO:XUSTIFICACIÓN AXUDAS
Modelo Orientativo de Factura e Guía de Xustificación [PDF]
Obxectivo
O Plan Renove de Electrodomésticos está incluído no Programa IDAE-INEGA 2009 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.
O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de electrodomésticos antigos por equipos con etiquetado enerxético de clase A ou superior, de mellor nivel de eficiencia enerxética.
Estas axudas están destinadas a persoas físicas ou xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, como máximo, substitúan un único electrodoméstico de cada tipo (frigorícos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas) por outros con etiqueta enerxética de clase A ou superior.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto dende o 5 de outubro de 2009 ata o día 30 de outubro de 2010 ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade e que ascende a 4.000.000 €.
O Inega habilitou un teléfono para aclarar calquera tipo de dúbida sobre o Plan Renove de Electrodomésticos. O número é: 981 541 500.
Documento Completo do Plan Renove 2009 [PDF] Información sobre a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.
Información Xestión Residuos [PDF] Consulta base de datos electrodomésticos eficientes IDAE
Prema no seguinte enlace para consultar Altas+Rexistro de Compras
Alta de Novos Comercios
Para darse de alta como novo comerciante dentro do Plan Renove de Electrodomésticos 2009 deberá cubrir o seguinte formulario.
Alta de Novo Comercio >> |
| Rexistro de Compras
Para formalizar unha compra o comerciante, previamente rexistrado, deberá incorporar os datos da compra ao rexistro.
Rexistrar Compras >> |
|
Comercios Adheridos
Pulsando na seguinte ligazón poderá consultar os comercios adheridos ao Plan Renove de Electrodomésticos 2009.
Listaxe de Comercios Adheridos >> Dúbidas máis Frecuentes
Pulsando na seguinte ligazón poderá consultar as dúbidas máis frecuentes referentes ao Plan Renove de Electrodomésticos.
Dúbidas Frecuentes >>
|