04/09/2011
- A Xunta traballa a prol da accesibilidade á electricidade mediante a mellora e creación de soterramentos de liña eléctrica nos concellos galegos.
- Neste plan de axudas, a Consellería de Economía e Industria subvenciona o 80% do custo da obra civil , permitíndose a concesión de anticipos ata o 80% da subvención concedida.
- O investimento total da Consellería de Economía e Industria é de 5.241.769 euros e son beneficiarios 50 concellos.
03/06/2011
- Eliseo Diéguez concretou hoxe na clausura dun curso promovido por CEXEGA que o Inega está a levar adiante convenios específicos de colaboración con entidades e asociacións que interveñen no proceso a fin de lograr o máximo aforro na edificación.
- O desenvolvemento de cursos sobre certificación enerxética de edificios e o terceiro plan de inspeccións de eficiencia enerxética das instalacións térmicas en edificios son outras actuacións que o Instituto adscrito a Economía e Industria está a impulsar para reducir o consumo e diminuír os custos finais nas edificacións.
09/05/2011
O Instituto Enerxético de Galicia, adscrito ao departamento que dirixe Javier Guerra, continúa desenvolvendo o seu programa de actividades neste ámbito que vai pola segunda edición e que abrangue a realización dun total de cinco cursos que terán lugar nas diferentes cidades galegas
04/05/2011
• O Instituto Enerxético de Galicia, que participa como socio na iniciativa, xestiona máis de 150 mil euros deste programa no que tamén traballan a Universidade de Vigo, que actúa como xefe de fila; a Universidade de Almería; a Universidade de Pau et des Pays de l´Adour; o Centro National de la Recherche Scientifique e a Universidade de Aveiro
01/05/2011
• Este programa europeo, coordinado polo Inega que actúa como xefe de fila, comezou esta semana a súa andaina que se estenderá ata decembro de 2012, coa primeira reunión de coordinación entre o conxunto dos socios
• A coxeración é un dos sistemas de transformación enerxética máis eficientes ao permitir obter aforros de enerxía primaria superiores ao 30% respecto á xeración convencional
23/02/2011
O curso ten como fin dar a coñecer a necesidade de implantar unha pauta común de actuación (o denominado Protocolo EVO) para determinar e validar os aforros enerxéticos obtidos coa implantación de medidas de eficiencia enerxética, a fin de mellorar o rendemento das instalacións estudadas.
O seminario está dirixido a empresas de servizos enerxéticos, a compañías comercializadoras e distribuidoras de enerxía e á industria en xeral e desenvolverase o xoves, 24 de febreiro, na EGAP.
23/01/2011
- O obxectivo último desta iniciativa, financiada e impulsada polo Inega, é promover a eficiencia no sector do transporte, aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte
- O Instituto Enerxético de Galicia presta este servizo de uso público de préstamo de bicicletas en 15 concellos galegos, sistema que ten como beneficiarios a máis de 850.000 galegos, é dicir, ao 30% da poboación
06/01/2011
- O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, e o presidente do Clúster do Granito, Fernando Varela, asinaron un convenio de colaboración en base ao que se desenvolverá un estudo sectorial sobre o consumo enerxético neste ámbito
- Ao remate das auditorías estimarase o custo monetario das melloras enerxéticas que resulten de interese e divulgaranse os resultados desta radiografía sectorial entre os asociados