08/04/2013
- O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salienta que está aberta unha nova convocatoria da liña de axudas para Iluminación Pública Exterior, que conta con 3,6 millóns de euros.
- O programa permitirá desenvolver un centenar de proxectos xerando un aforro enerxético equivalente ao consumo anual de electricidade de 1.000 familias, e un aforro en custes superior aos 7,3 millóns de euros durante a vida útil dos equipos.
- Anuncia a posta en marcha, en colaboración coa Fegamp, da Unidade de Aforro Eléctrico Local, que prestará un apoio integral de asesoría enerxética en materia de subministración.
- A Unidade conta con dúas ferramentas informáticas para realizar auditorías enerxéticas on-line e revisar irregularidades na facturación, e asesora aos concellos na mediación coas empresas comercializadoras.
28/03/2013
- A Consellería de Economía e Industria, a través do Inega, fai especial fincapé na necesidade de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
18/01/2013
- A Consellería de Economía desenvolveu dous cursos nos que se abordou o emprego das ferramentas informáticas de cualificación enerxética dos edificios xa existentes.
- Desde o ano 2009, téñense instruído máis de 3.000 técnicos especialistas en enerxética edificatoria, incentivándose a promoción de 24 edificios de alta eficiencia enerxética.
- As actuacións desenvolvidas neste sector permiten obter, nestes momentos, un aforro económico anual superior aos 10 millóns de euros, evitando a emisión a atmosfera de preto de 41.000 toneladas CO2 por exercicio.
01/01/2013
- Os empregados do Parque contan con xa bicicletas eléctricas para os seus desprazamentos laborais, que ofrecen unha alternativa limpa, eficiente e rápida ao transporte convencional diminuíndo as emisións de CO2.
- A iniciativa completa o Plan de Mellora Enerxética a través do cal as illas contan xa cunha caldeira de biomasa que fornece enerxía ao centro de interpretación e ás dúas vivendas do persoal, ou cun servizo de préstamo de cargadores solares para os teléfonos móbiles.
29/12/2012
- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), elaborou este ano distintos estudos que propoñen medidas de racionalización e aforro enerxético que superan, nalgúns casos, o 50%
- Os documentos téñense divulgado xa entre as diferentes industrias coa finalidade de que as propostas lles poidan servir de guía, estando ademais á disposición dos interesados na páxina web do Inega (www.inega.es)
01/12/2012
- A ferramenta avaliará a situación enerxética facilitando a toma de decisións co fin de diminuír os consumos enerxéticos municipais que ascenden, de media, a case 13.000 tep/ano, dos que o 78% corresponde a enerxía eléctrica.
- Suporá unha nova fonte de datos estatísticos axeitados para analizar a implantación de medidas de aforro e eficiencia e o uso das fontes renovables nos municipios.
- A Consellería de Economía e Industria ven impulsando un plan de aforro e eficiencia enerxética na administración local coaa creación doutra ferramenta para o cálculo de tarifas eléctricas, a posta en marcha dun servizo de asesoría enerxética individualizada, ou as tradicionais liñas de axuda.
30/11/2012
- O Inega acollerá os próximos días 10 e 11 de decembro un curso sobre “Certificación Enerxética de Edificios Existentes”.
29/11/2012
- Eliseo Diéguez participa no Congreso Internacional Energia – Políticas, Inovaçao e Negócios.
26/11/2012
- A nova Guía Práctica de Aforro de Enerxía de Economía e Industria recolle consellos para reducir o gasto en combustible entre un 15% e un 20%.
- O transporte supón a metade do desembolso enerxético nos fogares galegos, cun custo anual en combustible por automóbil de 1.300 euros.
- Arrancar o motor sen pisar o acelerador, empregar a primeira marcha o menor tempo posible ou apagar o motor nas paradas que duren máis de 60 segundos son algunhas das solucións propostas.
24/11/2012
- O director do Inega e o secretario xeral do Mar presentaron hoxe en Burela un estudo elaborado por Economía e Industria que reflicte que a flota galega podería reducir nun 23% o que gasta en enerxía.
- entre as medidas propostas no estudo, a mellora ou substitución do motor implica aforros económicos de ata 20.000 euros ao ano en función do tipo de embarcación.
- Co cambio ou adaptación das hélices, o troque dos cables de arrastre ou a instalación de luminarias poden conseguirse aforros de ata 10.000 euros.