INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Información ou Dicionario de termos ou Unidades de conversión

Unidades de Conversión

Unidades e factores de conversión

Coa finalidade de uniformarmos os datos e poder establecer comparacións facilmente, resulta imprescindible establecer un termo de referencia común para todos os tipos de enerxía. Debido á importancia do petróleo dentro do sector enerxético, a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) aconsella utilizar como unidade enerxética a súa capacidade para producir traballo.

Así, defínese a tonelada equivalente de petróleo (tep) como 107 kcal (41,868 GJ), enerxía equivalente á producida na combustión dunha tonelada de cru de petróleo. Partindo desta definición, resultan as seguintes equivalencias:

1 J (joule): 2,34 * 10-11 tep

1 kWh (quilowatt-hora): 0,86 * 10-4 tep

1 BTU (British Thermal Unit): 0,25 * 10-7 tep

1 tec (tonelada equivalente de carbón): 0,70 tep

1 MWh: 0,086 tep

Para a conversión a tep das unidades físicas en que se presentan os diversos combustibles, utilizouse o poder calorífico inferior (PCI)1 real de cada un deles, e cando non se coñecen, as equivalencias recomendadas pola Axencia Internacional da Enerxía (AIE).

A enerxía do gas natural refírese ao poder calorífico inferior (PCI) medio obtido mediante análise periódica de mostras nun cromatógrafo. No caso da enerxía hidroeléctrica e eólica, utilízase o factor de conversión Eurostat (1 MWh = 0,086 tep).

Petróleo

1 tonelada de cru: 1,019 tep

1 tonelada de gasolina: 1,070 tep

1 tonelada de gasóleo: 1,035 tep

1 tonelada de fuel óleo: 0,960 tep

1 tonelada de queroseno aviación: 1,065 tep

1 t de queroseno outros usos: 1,045 tep

1 tonelada de fuel de refinaría: 0,960 tep

1 t de gasóleo de baleiro: 1,009 tep

1 tonelada de coque de petróleo: 0,740 tep

Gases

1 tonelada de butano: 1,1300 tep

1 tonelada de propano: 1,1300 tep

103 m3 de gas natural: 0,9275 tep

1 tonelada de gas refinaría: 1,1500 tep

P.C.S. gas natural: 11,951 kWh/m3

P.C.I. gas natural: 10,784 kWh/m3

103 m3 de biogás: 0,44 - 0,54 tep

Biomasa

1 tonelada de madeira verde: 0,2500 tep

1 tonelada de casca: 0,2000 tep

1 tonelada de serraduras húmidas: 0,3000 tep

1 tonelada de serraduras secas: 0,3500 tep

1 t de tacos e recortes: 0,3700 tep

1 t de bioetanol: 0,6400 tep

1 tonelada lixivias negras: 0,3100 tep

Varios

1 tonelada de lixo: 0,1705 tep

1 tonelada residuos Marpol: 0,9600 tep

1 tonelada pneumáticos: 0,6500 tep

1 tonelada aceite reciclado: 0,9000 tep

1 t aceites pretratados: 0,9518 tep

1 t gasóleo deriv. Aceites: 1,0557 tep

1 t graxa animal: 0,9190 tep

Carbón

1 tonelada de lignito pardo das Pontes: 0,1939 tep

1 tonelada de lignito pardo de Meirama: 0,1836 tep

1 tonelada de hulla subbituminosa importada polas Pontes: 0,4670 tep

1 tonelada de hulla subbituminosa importada por Meirama: 0,4890 tep

1 tonelada de hulla importada por Meirama: 0,6028 tep

Para o carbón, tómase como poder calorífico inferior o subministrado mensualmente polas empresas que o consomen. As equivalencias que figuran na táboa son a media anual ponderada deses PCI.

1 Cantidade de calor desprendida na combustión completa á presión atmosférica da unidade de peso ou volume dun combustible medido en condicións normais (0ºC e 760 mm de Hg) supoñendo que o vapor de auga producido non condensa. Cuantitativamente é igual o poder calorífico superior menos o calor de condensación do vapor de auga producido na combustión.