Electricidade importada: é a que entra en Galicia
Electricidade bruta: a xerada por unha central eléctrica medida nos bornes do alternador (sen descontar os autoconsumos da central)
Electricidade neta: a xerada por unha central eléctrica medida nas barras da central (descontando os autoconsumos da central)
Electricidade dispoñible: a suma da electricidade neta e a importada
Electricidade consumida: O consumo de electricidade en Galicia obtense de lles engadir aos datos subministrados polas empresas distribuidoras de electricidade o consumo nas centrais hidroeléctricas de bombeo e nas plantas anexas ás centrais en réxime especial.
Consumo bruto de electricidade: Acorde coa Directiva 2001/77/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 27/10/01, DOCE 283/2001 do 27/10/2001, defínese o consumo bruto de electricidade como a produción total da mesma - incluída a autoprodución - máis as importacións e menos as exportacións
Electricidade exportada: é a que sae de Galicia
Perdas e intercambios en baixa tensión = importada + xerada neta - consumida - exportada
Wp: a potencia dun módulo fotovoltaico exprésase en watt pico (Wp), referíndose á potencia subministrada nas condicións normalizadas de 25 ºC de temperatura e 1.000 W/m2 de radiación solar (irradancia).
Poder calorífico superior: cantidade de calor desprendida na combustión completa á presión atmosférica da unidade de peso ou volume dun combustible medido en condicións normais (0º C e 760 mm de Hg) supoñendo que o vapor de auga producido condensa e restituye su calor de vaporización.
Poder calorífico inferior: cantidade de calor desprendida na combustión completa á presión atmosférica da unidade de peso ou volume dun combustible medido en condicións normais (0º C e 760 mm de Hg) supoñendo que o vapor de auga producido non condensa. Cuantitativamente é igual o poder calorífico superior menos o calor de condensación do vapor de auga producido na combustión.