Son órganos de goberno do Instituto o Consello de Administración e o director.
O Consello de Administración é o órgano colexiado de goberno e está constituído:
a) Polo presidente, que é o conselleiro competente en materia de enerxía.
b) Polo vicepresidente, que e o director xeral competente en materia de enerxía.
c) E por un mínimo de seis vocais e un máximo de oito:
O director é nomeado polo Consello da Xunta, por proposta do conselleiro competente na materia, e é a quen lle corresponde dirixir a actividade do Instituto baixo as directrices do Consello de Administración.