Enerxía Eólica














Presentación

Na actualidade, o aproveitamento da enerxía eólica ten como fin a transformación da enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica. Esta transformación realízase a través dos aeroxeradores, máquinas con elementos que experimentan un movemento (en xeral, de rotación) cando reciben unha corrente de aire de suficiente intensidade. A enerxía mecánica convírtese a electricidade mediante un xerador eléctrico.

Os aeroxeradores máis utilizados son de eixo horizontal e de tres pás, e se agrupan nos chamados parques eólicos, instalacións de xeración eléctrica situadas nos emprazamentos de elevado potencial eólico. Un parque eólico caracterízase por ter un conxunto de aeroxeradores que comparten unha subestación de transformación e unha liña común de evacuación de enerxía eléctrica.
Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia