Inega

Enerxía Solar Térmica

Presentación

Dende o punto de vista enerxético, a situación actual no ámbito da Unión Europea caracterízase polo elevado crecemento da demanda, a importante dependencia do exterior e un aumento preocupante da emisión de gases contaminantes.

Estes aspectos fan que sexa imprescindible impulsa-lo aproveitamento dos recursos renovables. Dentro destes recursos, destacan pola súa importancia no desenvolvemento da Comunidade as ENERXÍAS RENOVÁBEIS. Estas fontes de enerxía caracterízanse por renovarse ciclicamente, sen prexudica-lo medio natural sendo, polo tanto, as máis respectuosas co entorno que nos rodea.

As características xeográficas de Galicia converten a esta Comunidade nun lugar privilexiado para o aproveitamento das fontes de enerxía renovables. Por iso, todos debemos facer un esforzo en prol das enerxías renovábeis, en especial das que están menos avanzadas.

Con este ánimo o Instituto Enerxético de Galicia elaborou o Programa de Fomento da Enerxía Solar, co que se pretende difundi-los beneficios asociados a esta fonte de enerxía e así contribuír a impulsa-lo seu aproveitamento en Galicia.
Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia