O programa de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para este ano 2009 supón un orzamento global de case de 16 millóns de euros. O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de novembro.
A presentación, por primeira vez, vía telemática das subvencións constitúe unha das principais novidades da actual convocatoria, o que axudará á simplificación de trámites.
Este ano tamén se reducen nun terzo os tempos de tramitación e resolución das axudas, fixados nun máximo de 4 e 6 meses, respectivamente.
Información de interese das Axudas do Inega 2009
Programa de Axudas de Aforro Inega 2009
Presentación Axudas Aforro Inega 2009 [PDF]
Programa de Axudas de Aforro a Concellos Inega 2009 [PDF]
Presentación Axudas Renovables Inega 2009 [PDF]
Bases da Convocatoria
Enerxías Renovables - v. Galego
Renovables Galego Enerxías Renovables - v. Castelán
Renovables Castellano Aforro e Eficiencia Enerxética - v. Galego
Aforro Galego Aforro e Eficiencia Enerxética - v. Castelán
Ahorro Castellano
Acceso á aplicación de presentación de Subvencións 2009
Xustificación das Axudas 2009
Enerxías RenovablesO prazo para a xustificación remata o día 15 de setembro de 2010, agás proxectos de biogás/gasificación que remata o 31/12/2010.Aforro e Eficiencia EnerxéticaA data límite para a presentación da documentación xustificativa do investimento -inicialmente fixada o día 15 de setembro de 2010 – amplíase ata o día 10 de novembro de 2010, de conformidade co disposto na Resolución do 10 de agosto de 2010 (DOG nº 157, do 17 de agosto de 2010).A documentación para a xustificación poderá presentarse no Rexistro único do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela. Tamén poderá presentarse polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.
Documentación XustificativaPara o cobramento da subvención concedida debe presentar, conforme as Bases da Convocatoria a documentación xustificativa (orixinais ou copias compulsadas) que se indica no:
Enerxías Renovables Artigo 20 das Bases da Convocatoria.
Documento Aceptación da Subvención Documento Declaración outras Axudas Aforro e Eficencia Enerxética Anexo I das Bases da Convocatoria para cada unha das liñas de axudas:
"Documentación xustificativa do investimento"
(*).
Documento Aceptación da Subvención Documento Declaración outras Axudas
Correción de erros:
Na liña TER donde di: "Documentación xustificativa do investimento: - Documentación administrativa (artigo 5º)..." debe dicir: "Documentación xustificativa do investimento: - Documentación administrativa (artigo 20º)...".
(*) As seguintes liñas de axuda han de presentar tamén:
XFT: Xestión de frotas de transporte- Documento "Formulario de resultados do estudo", dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es), en formato dixital (.pdf)
VPM: Estudios de viabilidade de PMUSNo caso de estudos:
- Documento "Formulario de resultados do estudo", dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es), en formato dixital (.pdf)
No caso de redes de punto de recarga:
- Plano de situación dentro da cidade con coordenadas UTM.
- Fotografías de localización que sirvan de referencia para localizar o punto.
PES/AGR: Auditorías enerxéticas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro e en explotacións agrariasNo caso de auditorías:
- Documento "Formulario de resultados do estudo", dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es), en formato dixital (.pdf)
Aclaracións:
- Presentar as
facturas correspondentes ao custo elixible do investimento, definido nas Bases da Convocatoria. As facturas deberán estar desagregadas por conceptos ou unidades de obra.
- Considéranse
documentos xustificativos de pago os seguintes:
Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo en oficina, certificación bancaria) en que conste o
número da factura obxecto de pago, a identificación da persoa que realiza o pagamento - que deberá coincidir co beneficiario da axuda- e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
No caso das
Administracións Públicas admitirase como medio de xustificación do investimento a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.
Non se admitirán pagamentos en metálico.Guias e Modelos de Documentación Xustificativa - AFORRO 2009