Subvencións

Plan de Vehiculos Eficientes 2009

Listaxe de concesionarios e talleres adheridos ao Plan de Vehículos Eficientes 2009
Consulte aquí o listado en PDF actualizado a 30 de xuño de 2010

Obxectivo
Modernización do parque automobilístico de turismos para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos vehículos novos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais (gasolina e gasóleo).

Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Vehículos Subvencionables e Contía da subvención
Establécense os seguintes límites de axudas:

- Vehículos turismos híbridos Full Hybrid con emisións inferiores a 130 g/CO2: importe máximo por vehículo de 2.300 €.

- Vehículos turismos híbridos Mild Hybrid con emisións inferiores a 130 g/CO2: importe máximo por vehículo de 2.000 €.

- Vehículos turismos híbridos enchufables, eléctricos puros, de combustión directa de hidróxeno ou de pilas de combustible: importe máximo por vehículo de 7.000 €.

- Motocicletas eléctricas puras, híbridas, de hidróxeno ou pila de combustible cunha potencia maior de 4kW: importe máximo de 750 €/motocicleta.

- Vehículos novos ou transformados (data da ITV) nun prazo inferior a 3 meses desde a súa primeira matriculación alimentados por gas natural e gases licuados do petróleo con emisións inferiores a 160 g/CO2: importe máximo por vehículo de 2000 €.

- Transformación a GLP con emisións inferiores a 160 g/CO2: importe máximo por vehículo de 450€.

Orzamento destinado: 500.000 €

Para máis informacion descargar as bases reguladoras ou chamar o teléfono 981 541 540.

Bases Reguladoras Plan Vehículos Eficientes 2009 [PDF]


Plan de Vehículos Eficientes 2008

Resolución da segunda ampliación de prazo do plan de Vehículos Eficientes 2008
Ampliación do prazo de proxectos subvencionables e xustificación destes ata o 31 de xaneiro de 2010.

Resolución da segunda ampliación de prazo do Plan de Vehículos Eficientes 2008 [PDF]

Liña de axudas á compra de vehículos novos de propulsión eléctrica, híbrida (con capacidade de tracción eléctrica ao 100% mediante baterías) ou alimentados con gas natural, glp, ou hidróxeno.

Esta liña de axudas é compatible con calquera outra mentres non se supere o 100% do custe do vehículo.

Obxectivo
Modernización do parque automobilístico de turismos para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos vehículos novos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais (gasolina e gasóleo).

Beneficiarios
Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Vehículos Subvencionables
Vehículos con categoría M1, N1 (segundo a Directiva 2001/116/CE) ou motocicletas (cunha potencia mínima de 10 kW e capacidade de tracción eléctrica ó 100%), e de propulsión:

- Eléctrica a partir de baterías (admítense os vehículos de categoría L7e definida na Directiva 2002/24/CE).

- Híbrida (que teñan capacidade de tracción eléctrica ao 100%) emisións inferiores a 140 gr CO2/km.

- Combustión directa de hidróxeno ou de pilas de combustible.

- Gas natural ou gases licuados do petróleo (GLP) que teñan unhas emisións inferiores a 170 gr CO2/km.

- A transformación de vehículos para ser alimentados con GLP. Considéranse neste apartado a transformación con posterioridade a súa matriculación, podendo ser novos ou usados.

Admítense os sistemas de financiamento "renting", "leasing" ou outro arrendamento financeiro sempre que permitan vincular o uso do vehículo coa propiedade. A axuda destinarase á empresa propietaria do vehículo, que deberá xustificar ante a administración pertinente a aplicación dun desconto no aboamento do servizo financeiro de valor igual ou superior á relación entre a axuda do programa e o prezo franco fábrica do vehículo, durante toda a vida do servizo financeiro cun mínimo de 3 anos.

Contía da subvención
Establécense os seguintes límites de axudas:

- Vehículos turismos de propulsión eléctrica, de hidróxeno (admitindo neste caso os turismos bi ou multi combustibles) ou de pilas de combustible: máximo por vehículo 6.000 €.

- Vehículos de propulsión híbrida: máximo por vehículo 2.000 €.

- Motocicletas eléctricas, de hidróxeno ou pila de combustible: máximo 750 € por moto, potencia mínima 10 kW, capacidade de tracción eléctrica o 100% e matriculación como turismo (matrícula ordinaria de placa branca).

- Vehículos turismos alimentados con gas natural e GLP, admitindo neste caso os turismos bi ou multi combustibles: máximo por vehículo 2.000 €.

- Transformación a GLP: máximo por vehículo 450 €. Considéranse neste apartado os vehículos que se transformen con posterioridade a súa matriculación, podendo ser novos ou usados.

En calquera caso as axudas non poderán superar o 15% do prezo de mercado do vehículo. (incluídos os servizos financeiros "renting" "leasing" ou calquera outro).

Orzamento destinado: 720.000 €

Para máis información descargar as bases reguladoras e a presentación do plan ou chamar ó teléfono 981 541 540.

Bases Reguladoras [PDF]

Ampliación prazo Plan Vehículos Eficientes [PDF]

Presentación Plan de Vehículos Eficientes [PPS]

Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia