Na actualidade, está vixente a exposición "Un Mundo de Enerxía", unha interesante mostra que nos achega ao mundo da enexía dende un punto de vista didáctico e xeral.
O proceso de xeración dos distintos tipos de enerxía e os efectos da contaminación sobre o planeta son soamente algúns dos temas abordados pola exposición, que tamén nos achega unhas simples pautas de conducta coas que podemos poñer o noso graniño de area na misión do aforro enerxético.
A Exposición "Un mundo de Enerxía" pode ser cedida temporalmente as entidades e institucións que a soliciten.
As solicitudes deberanse facer por teléfono: 981 541 511 ou mail: inscricions@inega.es.
Un Mundo de Enerxía