Listado entidades adheridas 2009-2010 [PDF] - data publicación: 21-1-2010Obxectivo
Realizar unha reciclaxe profesional e posta ao día dos instaladores e mantedores das instalacións térmicas en edificios no novo regulamento (RITE) e os seus documentos recoñecidos, afondando nos novos aspectos da regulamentación e en particular no tocante co aforro e a eficiencia enerxética e a aplicación das enerxías renovábeis.
Descrición
Trátase de apoiar a realización de cursos dirixidos a persoas que teñan algún carné profesional ao abeiro do anterior regulamento e que desexen obter o novo carné de instalacións térmicas de edificios. Estes profesionais teñen que superar un curso de formación complementario teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Economía e Industria.
Financiamento das actuacións subvencionables
As subvencións que se establecen nestas bases reguladoras outorgaranse con cargo ao orzamento establecido no convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o IDAE, en data 3 de xullo de 2008, autorizado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de data 19 de xuño de 2008.
No plan de traballo de 2009 aprobado en data 11 de setembro de 2009 consignouse a cantidade de 100.000 €, na medida 3.5: cursos de formación sobre a nova normativa enerxética edificatoria
Compatibilidade con outras axudas
As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases reguladoras serán compatibles con outras axudas concedidas para a mesma finalidade procedente de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou da Unión Europea ou de outros organismos internacionais, sempre que o importe daqueles, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, non superen o custe da actuación subvencionada.
Beneficiarios
Poderán realizar os cursos os instaladores e/ ou mantedores autorizados, é dicir, que posúan algún dos carnés relativos ás instalacións térmicas en edificios obtidos de acordo coa regulamentación anterior ao RITE (carné de instalador ou mantedor tipo A ou B) e que residan en Galicia.
Estarán facultadas para impartir os cursos e polo tanto para formular as solicitudes de adhesión ao plan de formación as persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e recoñecidas pola Consellería de Economía e Industria para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné profesional en instalacións térmicas de edificios
Prazo de presentación das solicitudes de adhesión e prazo para realizar os cursos
O prazo para a presentación das solicitudes de adhesión polas entidades acreditadas será de 10 días, a contar desde o día seguinte a publicación desta Resolución na páxina web do Inega http://www.inega.es.
Prazo de presentación das solicitudes de axuda para realizar os cursos será de 15 días, a contar desde o día seguinte ao da publicación na páxina web do Inega do listado de entidades de formación adheridas ao plan.
Documentación
Bases reguladoras carné RITE [PDF] - data publicación 30-12-2009