Inega

INEGA














Aviso legal

RESPONSABILIDADE SOBRE A INFORMACIÓN
O Instituto Enerxético de Galicia ofrece esta web para facilitar o acceso público á información da que dispón e á información que outras entidades relacionadas coa enerxía queiran facer pública a través da mesma. Neste último caso, o INEGA non se fai responsable da exactitude e actualización da información que se ofrece ou á que dende esta web se remita. De igual xeito, o INEGA non se fai responsable da utilización indebida que terceiras persoas fagan da información contida nesta web.

En cualquera caso, o INEGA pón a disposición dos usuarios a dirección de correo electrónico info@inega.es para que poidan manifestar as súas queixas ou comentarios en relación cos contidos que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos, corrixíndoos inmediatamente naquelas situacións que representen un perxuicio, non respondan á verdade ou supoñan ofensa para algunha persoa ou colectivo.

POLITICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimiento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantizar e protexer, no que concerne ao tratamento dos datos personais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, informámoslles de que:

1. Os datos de carácter persoal recollidos na web inclúense en ficheiros protexidos e con acceso exclusivo. Na súa calidade de propietario, o responsable destos ficheiros é o Instituto Enerxético de Galicia, con CIF Q1500256A e domicilio social na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15703 Santiago de Compostela.

2. O INEGA conta coa autorización expresa para a publicación destos datos. Asimesmo, garantiza a seguridade dos mesmos co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento e acceso non autorizado. Para iso adotáronse as medidas técnicas e organizativas necesarias.

3. O interesado poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos poderá realizase a través do correo info@inega.es. Tamén poden exercitarse estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.

Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia