Que é o Inega

Actualidade

A XUNTA DE GALICIA INCENTIVA CON 430.600 EUROS O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS PARA O FOMENTO DUNHA MAIOR PARTICIPACIÓN DOS MEDIOS COLECTIVOS NO TRANSPORTE POR ESTRADA
- O acordo de coordinación asinado hoxe entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contempla levar a cabo investimentos en infraestruturas ou servizos que aumenten a utilización conxunta dos medios de locomoción por estrada, co fin de incrementar a eficiencia no sector do transporte

firma do acordo de coordinaciónSantiago, 31 de xaneiro de 2010.- A Xunta de Galicia potenciará ao longo deste ano o desenvolvemento de actuacións que fomenten unha maior participación dos medios colectivos no transporte por estrada. Este é o obxectivo do acordo de colaboración asinado hoxe entre o director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez, organismo adscrito á Consellería de Economía e Industria, e o director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Miguel Rodríguez Bugarín.

En base ao devandito acordo, o Inega destinará unha achega total de 430.600 euros como axuda á Dirección Xeral de Mobilidade para a execución de medidas de fomento do transporte colectivo por estrada que favorezan o desenvolvemento dunha mobilidade sustentable.

Coa consignación orzamentaria superior aos 400 mil euros que o Inega transfire á Consellería de Infraestruturas, este departamento autonómico poderá realizar unha ou varias das seguintes actuacións, cos custos máximos indicados: estudos de intercambiadores (límite: 300.000 euros); estudos de carrís para Vehículos de Alta Ocupación (100.000 euros máximo); mellora da intermodalidade entre os diferentes modos de transporte público (150.000 euros máximo); posta en servizo, en Internet, dun sistema de información dos servizos de transporte público no ámbito comunitario (200.000 euros máximo) ou estudos de aplicación das novas tecnoloxías da información ou da emisión de billetes nos sistemas de transporte público (250.000 euros máximo).

A Dirección Xeral de Mobilidade deberá enviar ao Inega de cada estudo efectuado un resumo no que se recolla unha breve descrición da solución técnica; o investimento económico e o custo que tería a implantación da medida proposta; o aforro enerxético previsto e o método de comprobación dos resultados enerxéticos conseguidos coa implantación desta medida.

Intercambio de información
O Instituto Enerxético de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas facilitaranse e intercambiaranse mutuamente canta información técnica, económico e social sexa considerada útil para os fins propostos e promoverán conxuntamente cantas accións sexan necesarias para o fomento do transporte colectivo por estrada.

O presente acordo, que se enmarca dentro dun convenio de colaboración do Inega co IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), terá que estar completamente desenvolto antes do 30 de setembro de 2010.

Velar polo correcto desenvolvemento
Dous representantes do Inega e outros dous da Dirección Xeral de Mobilidade constituirán a comisión de seguimento que se encargará de verificar o correcto desenvolvemento deste acordo de coordinación, así como de presentar propostas sobre a marcha e necesidades dos proxectos e actuacións que se aborden.


Hemeroteca: 2008 · 2009 · 2010


Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia