Introdución
A Directiva 2006/32/CE, sobre a eficiencia enerxética do uso final da enerxía e os servizos enerxéticos, establece que o sector público debe adoptar medidas de eficiencia enerxética, de xeito que se comuniquen as actuacións exemplares de cara á sociedade.
As Administracións Públicas deben desempeñar un papel activo no aforro de enerxía e na mellora da eficiencia enerxética, non só como lexisladores, promotores e financiadores de medidas de mellora, se non tamén como consumidores de enerxía.
O Consello da Xunta, na súa reunión do pasado 24 de febreiro de 2011, á proposta da Consellería de Economía e Industria, ven de impulsar o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na Administración Pública de Galicia 2011-2013.
Este plan, pretende incidir de xeito notable no sector público, tanto polo potencial de aforro existente, como polo seu papel de liderazgo e exemplaridade que representa de cara á sociedade. Trátase de definir, dentro do ámbito das administracións públicas, as actuacións necesarias para a obtención do máximo rendemento enerxético, así como as directrices de organización dos servizos que teñan incidencia no gasto de enerxía, co obxecto de potenciar o carácter exemplarizante que deben dar as diferentes administracións de cara ao fomento do uso racional da enerxía.
Obxectivos
O plan contempla tres obxectivos claramente definidos:
Seguimento dos obxectivos
- Primeiro informe de seguimento.
Convenios de colaboración |
|---|
|
Entre Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega): |
|
Entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega): |
|
Entre a Deputación de Pontevedra e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega): |
|
Entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega): |
|
Entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega): - Acordo marco de colaboración. |
|
Entre a Consellaría de Traballo e Benestar e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega): |
Diagnoses e auditorías enerxéticas |
|---|
| - Documento resumo. |
PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA |
|---|
Con estas actuacións nos edificios públicos preténdese acadar un obxectivo de aforro de enerxía do 20% e unha redución do gasto enerxético mínima dun 10% que pode chegar nalgúns casos ao 30%.
Os proxectos de aforro e eficiencia enerxética mobilizarán uns investimentos de 25 M€, cun apoio económico do Inega de 3,7 M€ cos que se estiman uns aforros no primeiro ano de execución de 6,5 M€.
| Centro | Organismo responsable contratación | Documentación |
|---|---|---|
| Complexo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela (CHUS) |
SERGAS Adxudicado
|
|
| Ciudad Infantil Príncipe Felipe |
Deputación Provincial de Pontevedra Adxudicado |
|
| Centro Galego de Tecnificación Deportiva |
Secretaría Xeral para o Deporte Adxudicado |
|
| Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña) |
Consellería de Traballo e Benestar Adxudicado |
|
| Hospital Arquitecto Marcide e Hospital Naval de Ferrol |
Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol Adxudicado |
SEGUIMENTO DOS RESULTADOS |
|---|
| - Documento resumo. |
O Inega está traballando xunto coa Fegamp nun convenio de colaboración para coordinar actuacións de aforro e eficiencia enerxética na administración local.