INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

RGEE de edificios de nueva construción

Para que serve

  • Este Rexistro terá carácter público e ofrecerá información veraz e obxectiva á cidadanía do comportamento enerxético dos edificios, favorecendo unha maior transparencia no mercado inmobiliario.
  • Permitirá realizar comparacións que favorezan unha maior demanda de edificios de alta eficiencia enerxética.
  • Axudará a promover a eficiencia enerxética e a fomentar a mellora da calidade das edificacións para adecuarse ás recentes esixencias enerxéticas na edificación, establecidas na normativa estatal e autonómica.
  • Permitirá á Administración dispor da información básica sobre as características enerxéticas dos edificios, as súas envolventes térmicas e instalacións, así coma dos datos relativos as condicións de funcionamento e ocupación dos mesmos, e demais datos utilizados para determinar a cualificación de eficiencia enerxética do edificio.
  • Permitirá á Administración o seguimento da evolución do comportamento enerxético da edificación en Galicia, propiciando a elaboración de estudos, análises e estatísticas sobre a aplicación práctica da certificación de eficiencia enerxética dos edificios, que permitan deseñar medidas e establecer criterios para l mellora dos obxectivos da eficiencia enerxética.