Eficiencia Enerxética
Certificación enerxética de edificios
RGEE de edificios de nova construción
Documentación a presentar
A solicitude de inscrición no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética pódese facer de forma presencial ou de forma telemática.
No caso de SOLICITUDE PRESENCIAL deberase presentar a seguinte documentación:
1. Solicitude segundo o Modelo Anexo I cuberto electronicamente a través da aplicación https://rgee.xunta.es/
2. Copia do Certificado de eficiencia enerxética segundo o modelo Anexo II cuberto electrónicamente a través da aplicación https://rgee.xunta.es/ asinado por o/a promotor/a e visado polo correspondente colexio profesional.
3. Un CD ou DVD de 12cm con formato ISO/IEC DIS 9660:1999 con extensión Joliet con gravación sen multisesión provisto dunha etiqueta adherida no exterior na que se farán constar os seguintes datos:
Este CD conterá a documentación relativa á cualificación enerxética do edificio, que en función da opción elixida para a obtención de dita cualificación, será a seguinte:
4. Xustificante do pago da taxa vixente legalmente establecida.
5. Cando a/a promotor/a ou propietario/a sexa persoa xurídica deberase presentar poder de representación do representante legal.
No caso de SOLICITUDE TELEMÁTICA deberase presentar a seguinte documentación:
1. Solicitude segundo o Modelo Anexo I cuberto electrónicamente a través da aplicación https://rgee.xunta.es/
2. Copia do Certificado de eficiencia enerxética segundo o modelo Anexo II cuberto electrónicamente a través da aplicación https://rgee.xunta.es/ asinado polo/a promotor/a e visado polo correspondente colexio profesional.
3. Documentación relativa á cualificación enerxética do edificio, que en función da opción elixida para a obtención de dita cualificación, será a seguinte:
4. Planos do edificio en formato *dxf, o *bmp, o *dwg
5. Xustificante de pago da taxa vixente legalmente establecida.
6. Cando o/a promotor/a o propietario/a sexa persoa xurídica deberase presentar poder de representación do representante legal.