A posta en marcha deste procedemento require que os axentes responsables no proceso da certificación teñan un coñecemento axeitado sobre este certificado. Por este motivo o Inega habilita un servizo de asistencia técnica de asesoramento co obxectivo de resolver dúbidas relativas á certificación de eficiencia enerxética de edificios, tanto nos seus aspectos administrativos como técnicos. Para calquera consulta dirixirse a: inega.certificacionenerxetica@xunta.es